Como pedir unha subvención para un festival de música en Galicia

Antes de pedir unha subvención, tanto para un festival de música, como para outro proxecto; tanto que sexa en Galicia, coma noutro lugar…hai que ter claro como funciona este mundo. As subvencións teñen unha dinámica propia, que se non a coñeces pode parecer moi complicada, pero unha vez clarificados algúns aspectos clave todo irá moito mellor.

A continuación coméntanse algúns aspectos clave que hai que ter en conta antes de pedir unha subvención para un festival:

  1. Prazos.
  2. Cousas que poden estar listas:
    • Sinatura electrónica/perfil de usuario.
    • Documentos legais.
    • Memoria da entidade.
  3. Pagamento a posteriori e xustificación.
  4. Publicidade

PRAZOS

A maioría das subvencións para festivais de música en Galicia (ver artigo “Principais subvencións para festivais de música en Galicia“), convócanse ó longo do primeiro trimestre do ano, é dicir, entre xaneiro e marzo.

O prazo para solicitalas soe ser curto (arredor de 30 días) polo que é recomendable prepararse antes. Por sorte, a maioría das subvención saen cada ano con características moi semellantes.

COUSAS QUE PODEN ESTAR LISTAS

Como comentaba, prepararse antes de que saia a convocatoria é moi útil. Hai aspectos principalmente operativos que poden (deben) estar listos e outros que dependen do propio proxecto, pero nos que tamén se pode avanzar sen problema:

Sinatura electrónica/perfil de usuario

Dende a nova reforma legal, é obrigatorio relacionarse coa Administración de xeito electrónico. Isto implica que as subvencións hai que solicitalas na sede electrónica correspondente á administración que convoque á axuda (ex. Deputación da CoruñaDeputación de Pontevedra). Para acceder normalmente hai que rexistrarse e crear un perfil de usuario e acceder coa sinatura electrónica.

Documentos legais

Anque a maioría das Administracións soen poder cruzar os datos con outros organismos públicos, en algunhas subvencións poden pedir documentos tipo: escrituras, certificado de estar ó corrente nos pagos con facenda, etc. Ter a man este tipo de documentación ou saber como conseguila rápido é moi util!

Memoria da entidade

No 90% das subvencións van pedir unha memoria da entidade que solicita a subvención. Isto quere dicir un documento no que se presenten os que van pedir a subención, sexa empresa, asociación, persoa física…é dicir, quen somos nós e que facemos.

Recomendación: ter a man un documento con esta información (actualizada!) para poder cubrir o formulario mais rápido. Se existe un folleto corporativo de presentación pódese adxuntar como documentación adicional.

PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

Unha vez concedida a subvención non significa que automáticamente se ingresen os cartos na conta bancaria. Primeiro hai que xustificar. Isto quere dicir que hai que demostrarlle á administración correspondente que o festival tivo lugar. Para isto preséntante probas (ás que lle chaman “evidencias”) que soen ser fotografías, artigos en prensa, exemplos de materiais utilizados (ex. cartaces)… todo dentro dunha memoria na que se conta como foi a cousa.

O feito de que non ingresen ata que xustifiquemos que realmente tivo lugar, implica adiantar os cartos. É dicir, financiar o evento con recursos propios ou con “ferramentas financeiras” (ex. préstamos).

PUBLICIDADE

Os cartos non se dan a cambio de nada. Unha das contrapartidas é que todo o mundo saiba que a administración correspondente colaborou na financiación do festival. Isto implica que hai que colocar o seu logo en todas partes (ex. nos cartaces, na páxina web, etc.), concretamente naqueles aspectos que teñan que ver directamente coa financiación recibida.

Se queres que te bote unha man cunha subvención para un festival de música, contacta conmigo!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *