E se vou a un concerto de free jazz?

Varios significados para un mesmo son

“Unha vez escoitei a peza Yellow Submarine na radio do coche cando ía de camiño ó enterro dunha amiga. Dende aquela, cando volto escoitala non me parece unha canción alegre, se non moi triste.” Igual que coa cancións do Beatles, as pezas musicais, e os sons en particular, poden ter mais de único significado. Tamén pasa na linguaxe, as palabras teñen mais de unha acepción.

Por exemplo, na cultura musical occidental tendemos a asociar as pezas en modo menor con un sentimento de tristeza e as que están en modo maior con un sentimento de alegría. Pero non sempre é así, hai varios casos nos que ocorre ó contrario. Ou podemos querer que ocorra o contrario.

Nos concertos de free jazz ou improvisación libre hai que ir dispostos a que as notas, os acordes e todo tipo de son que se utilice no concerto (incluso “ruídos”) teña un significado diferente ó que estamos acostumados.

Son ou ruído?

Outro aspecto á ter en conta é que probablemente escoitemos sons novos. Sons que o noso cerebro nunha antes catalogou, e menos aínda coma “sons musicais”. A maioría dos adultos non estamos acostumados a descubrir cousas novas, e menos aínda novos sons.

A medida que imos medrando, as nosas “primeiras veces” vanse rematando ou son cada vez menos frecuentes. Entre outros motivos, isto fai que nos sorprendamos cando escoitamos un son que nunca antes escoitáramos, e menos clasificalo nun contexto de deleite musical.

A repetición

Sen embargo, isto ten “fácil” solución. Coma un neno pequeno, a clave para que nos entren as cousas na cabeza é a repetición. Ante unha peza musical na que se utilicen sons que nós descoñecemos a estratexia é escoitala varias veces. De cada vez o noso cerebro ira recoñecendo ese son un pouco mais, o incorporará á súa biblioteca e terá unha referencia para a próxima vez.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *