Gústalles á música ós extraterrestres?

O conto: un disco dourado nunha sonda espacial

Esa mañá, o director da Sociedade Planetaria tomou a decisión que estivera pospoñendo dende hai tempo: enviaría ó espazo unha mensaxe dicindo quén era esa xente que vivía na Terra. E así foi, dende 1977 a sonda espacial Viaxeiro, unha botella con mensaxe, navega os mares interespaciais. A súa misión é explorar o descoñecido, e no caso de atoparse con algunha forma de vida alieníxena, ensinarlle as principais características dos seres humanos. Un disco gramofónico bañado en ouro foi un dos soportes escollidos para almacenar toda esa información que se quería enviar coma mensaxe.

“¿Cómo se nos ocorreu enviar música ás estrelas?” Pensou o ex-director da Sociedade Planetaria mentres revisaba antigos apuntes. “Calquer extraterreste podería poñer a funcionar ese disco de vinilo por suposto, pero de aí a que lles goste a nosa selección … Fora moi difícil facela, había tantas cousas importantes que incluír que ficaron fora … pero o material era ilimitado e houbo que tomar decisións.” Tratábase dunha singular selección que contiña saúdos en 55 idiomas, o son da risa humana, imaxes de marabillas naturais ou a silueta dun home e unha muller; ademais dunha selección musical na que se incluía unha gravación de Glen Gould interpretando o “preludio e fuga en do maior” de J.S. Bach.

A pregunta: o concepto de música

Algunhas respostas ás preguntas que moitos anos despois se fixera o antigo director da Sociedade Planetaria “¿Poderalle gustar a nosa música ás posibles formas de vida de outras galaxias? ¿Saberían diferenciar entre o ruído e a selección musical? ¿Ou sequera, entenderán o concepto de música?” están directamente ligadas ás investigacións sobre a universalidade ou non da música.

De momento non se atopou ningunha sociedade (terrestre) que non produza algún tipo de música. Por iso, resulta curioso ver cómo algúns adultos do mundo occidental autodiagnostícanse coa simpática enfermidade “carencia de oído”, querendo dicir que non poden entender música. Esta afirmación é imposible pola simple razón de que todos temos a capacidade de escoitar sons e apreciar as súas pautas, vamos o que se coñece por escoitar música. Un simple exemplo é que os nenos non poderían aprender a falar tendo un ordenador coma profesor. Isto é debido a que os humanos “entoamos” cando falamos, é dicir, cantamos para comunicarnos.

A resposta: consenso alieníxena

Así que si: os extraterrestres poderán entender os sons que lles enviamos na sonda espacial. Pero non se sabe se os considerarán ruído ou música xa que reacción de cada un ante os diferentes sons é froito dun consenso sociocultural (parecido á linguaxe, pero non igual). Somos nós quen chegamos a un acordo có noso grupo para distinguir se un son é ruído ou é música. ¿Cómo será o consenso dos alieníxenas?

Un exemplo dese consenso entre a persoa individual e a sociedade é o seguinte: “Nélida ten oito anos e está aprendendo a tocar ó violín. Como é natural, aínda non soa ben, bastante “chirriante” dirán algúns. Pero ela sinte que está a facer música, toca pequenas pezas de poucas notas, que anque para outros non soe “musical”, para ela si que o é”. ¿Por qué á nena pequena góstalle o que toca? Porque o seu grupo (profesores, amigos, pais) considérao “musica”.

Existen varias e moi diferentes explicacións á  universalidade musical, e moitas máis cando se trata do significado que se lle atribúe a estas complexas mesturas de frecuencias e amplitudes sonoras. O único seguro é de momento as sondas Viaxeiras seguirán flotando pola Vía Láctea, á espera de que alguén, ou algo, as intercepte e poida desfrutar, ou non, do Disco Dourado da Terra.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *