Iniciativas que achegan a música á xente

Gústanos a música. Escoitala, interpretala, bailala… Gústanos mais un tipo de música ou outro, uns artistas ou outros… e non podemos evitar desfrutar con ela. Por iso nos gusta cando a música se achega a nós, ou nola achegan.

Cada vez existen mais  iniciativas que buscan achegar á música á xente. Mesturan mundos. Profesionais do mundo da música con xente corrente en lugares correntes. Unha delas é Classical revolution.

Classical Revolution

Classical Revolution é unha organización sen ánimo de lucro que buscar achegar a música clásica á xente. Facela accesible. Concretamente a música de cámara. “Chamber music for everyone!” di o seu lema.

A organización Classical Revolution promove a organización de concertos para que as persoas poidan escoitar música de cámara en directo no seu día a día, fóra dos auditorios. Promove dous formatos de concerto:

  • Concertos informais en espazos alternativos, ós cales lle chaman chamber sessions.
  • Concertos non programados, improvisados, ós cales lle chaman chamber jams.

A min, o que máis me gusta do movemento Classical Revolution son as chamber jams. Con este formato de concerto quedei abraiada.

As chamber sessions

Son concertos de música clásica informais e en espazos alternativos: dende bares, pubs, cafeterías, librerías ata xardíns, parques ou rúas.

O ambiente informal atrae a persoas que está menos familiarizadas cos concertos nos auditorios ou coas súas “normas de etiqueta”. Ademais, os músicos interactúan co público, comentando ou explicando o que van a tocar.

O violinista Jory Fankuchen comentaba nun artigo no periódico The Economist o moito que él desfrutaba tocando para xente nova e chea de enerxía, incluso co risco de que che salpiquen cun pouco de cervexa.

As chamber jams

Trátase dunha actuación non programada. Inspírase nas jams sessions do mundo do jazz. Poderían definirse como encontros informais de músicos nos que se toca música simplemente para desfrutar tocando.  As chamber jams son jams sesssions pero de música clásica.

Funciona da seguinte maneira: anúnciase a quedada polas redes sociais e nun bar, na rúa ou nun parque, un grupo de músicos xúntase e comeza a tocar. Non hai un programa definido, cada un chega alí coas pezas que lle gustan e pregunta se alguén quere unirse. Hai algún violín na sala?

Outras veces, son os locais os que aportan as partituras. Igual que algunhas cafeterías teñen libros para que a xente os colla e os lea mentres toman un café, estas teñen partituras para que os músicos as collan e toquen “lendo a primeira vista”.

Outras iniciativas

A filosofía de poñer a música no medio da sociedade non é exclusica de Classical Revolution, é un movemento internacional do que participan moitas outras iniciativas e organizacións. É mais, é un xeito de entender a música que ven de vello, coma se pode ver en moitas tradicións populares, sen ir mais lonxe ahí están as foliadas, seráns, furanchadas… A clave está en como actualizar estas prácticas tradicionais nun mundo moderno.

Por sorte, hai moita xente que está mans á obra. Se tes curiosidade por coñecer outras iniciativas que busquen achegar á música á xente, bótalle un ollo a algunha das seguintes:

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *