
As Notas do Pemento
I Festival de Música de Herbón
As Notas do Pemento é un festival de música que tivo lugar no convento franciscano de Herbón, lugar onde medrou por primeira vez o famoso pemento de Herbón.
Como actividade de ONdehaiMúsica, na filosofía do festival estaba achegar a música clásica á xente. Os concertos plantexáronse coma encontros nos que os músicos dialogaban co público. O espectáculo combinábase cunha exposición audiovisual do proxecto OndehaiMúsica, unha visita turística polo complexo franciscano e unha degustación de pementos.
A primeira edición (xullo de 2013) foi organizada pola asociación Sementar e a iniciativa OndehaiMúsica da Fundación Galicia Sustentable. Igualmente, contou coa colaboración da S.A.T. A Pementeira e da Asociación Galega de Amigos do Camiño (AGACS).
O festival contribuíu á difusión da produción do pemento de Herbón como base da economía local, así como á defensa do traballo das pementeiras.
Categoría
Festival.
Cando
Todos os venres de xullo de 2013.
Onde
Convento Franciscano de Herbón (Herbón, Padrón).
Por que
Cando a Asociación Sementar propúxonos colaborar na organización do primeiro festival de música no convento de Herbón, non puidemos dicir que non. Para ONdehaiMúsica era una oportunidade para levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, así como darlles a novos músicos a posibilidade de ter un lugar diferente, e moi especial, no que actuar. Apaixoados coa primeira edición dun festival arredor dun pemento, dímolo todo.
Realización/ posta en marcha
Deseño do formato do festival, contacto e selección de artistas, control de entradas e caixa, xestión de voluntarios, coordinación dos grupos da visita turística, presentación da exposición audiovisual.