Concerto de Nadal do Mercado da Estrela

Concertos da Estrela é o nome dunha serie de concertos dentro do festival urbano de inverno “Mercado da Estrela” que tiveron lugar no auditorio do CEGAC en Decembro de 2012.

A primeira edición do “Mercado da Estrela” estreou o seu Concerto de Nadal cun formato musical participativo. Tratouse dun pequeno concerto diferente: express e participativo. Durante 45 minutos escoitouse a diferentes alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago tocar Liszt, Bach, Vivaldi ou Xerardo Matos.

Antes de cada interpretación explicáronse as pezas e púxose á xente no contexto musical. Durante o concerto, tivo lugar un concurso onde o público mostrou os seus coñecementos musicais, pois ó longo do concerto proxectáronse varias imaxes. O público tivo que “adiviñar” que imaxe se correspondía con cada unha das pezas que se van interpretaron.


Categoría

Concerto.

Cando

15 de decembro de 2012.

Onde

Mercado da Estrela (Santiago de Compostela.

Realización/ posta en marcha

Organización e implantación do concurso co público, xestión de artistas, intermediación cos técnicos do CGAC, xestión de permisos e doazón, xestión financeira.

Web

Visita a páxina web.