Ecosons

A natureza da música

Ecosons é un festival de música para as árbores en formato romería que tivo lugar o 14 de xullo de 2018 no espazo Ecolectivo, Vigo.

O festival quere, de xeito simbólico, pechar o círculo e devolverlle á natureza a música que esta permite facer. Mais que iso, Ecosons quere ser un punto de encontro entre a música e a natureza dende diferentes perspectivas e disciplinas. Un espazo para apoiar a concepción, a produción e a consolidación de proxectos sustentados no respecto e no cuidado da Natureza.


Categoría

Festival.

Cando

14 xullo de 2018.

Onde

Espazo Ecolectivo, Vigo.

Por que

Dez meses despois dos incendios que arrasaron gran parte do patrimonio natural da área de Vigo, un grupo de xente quixemos devolverlle ás árbores parte do que ela nos da. O festival Ecosons quixo pechar o círculo árbores-madeira-instrumento-música homenaxeando á natureza pola música que esta permite facer.

Realización/ posta en marcha

Deseño da estrutura e do programa do festival, procura de espazos e colaboradores, orzamento e fontes financeiras (incluída a solicitude de subvencións), procura e xestión de artistas invitados, deseño do cartaz e da páxina web, xestión de venda de entradas.

Web

Visita a páxina web.