
I Ciclo de encontros ONdehaiMúsica
Iniciativa de divulgación musical
ONdehaiMúsica é un proxecto divulgativo da Fundación Galicia Sustentable que trata de achegar os múltiples mundos, historias e realidades que, nas máis das veces, quedan ocultas detrás do formalismo e rigor das institucións e espazo que tradicionalmente veñen sendo custodios deste tesouro universal.
A música nos acompaña todos os días polo que un dos piares da iniciativa é apostar firmemente en que se nos achegamos á música clásica dun xeito aperturista e divulgativo, todas e todos poderemos atopar múltiples e diversas emocións e sensacións, rompendo os prexuízos de que toda a música clásica é o mesmo.
Categoría
Divulgación
Cando
Outubro 2012 – marzo 2016
Onde
Galicia
Por que
En varias conversas coa Fundación Galicia Sustentable (FGS) detectamos unha separación entre a música clásica e o público xeral. Baixo o amparo da FGS e colaborando con profesionais como Marcos Perez Gulín, Carlos García Amigo e Xaime Cortizo, decidimos que era necesario crear un proxecto para achegar a música, especialmente a música clásica, á xente.
Realización/ posta en marcha
Desenvolvemento da idea do proxecto e execución do mesmo. Ente as actividades realizadas destacar a procura de documentación e iniciativas inspiradoras para o desenvolvemento do marco teórico; así como o deseño de actividades acordes á filosofía do proxecto e realización das mesmas.