
Música íntima
Exposición fotográfica de Xaime Cortizo
Música íntima é unha exposición fotográfica do artista Xaime Cortizo, que tivo lugar no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (CMUS) dende Outubro de 2013 ata Xaneiro de 2014.
O fío condutor desta exposición foi a proximidade e a intimidade no mundo da música. Por iso, presentáronse momentos da construción dun instrumento nas mans dun luthier, o instante da creación dun compositor, un director de orquestra axustando esas composicións ou alumnos nas súas clases. Todos momentos moi íntimos e persoais.
A vista e a imaxinación fannos voar eses intres e as esas vivencias únicas para interiorizalas, cada un a súa maneira, pero sentilas ó fin e ó cabo.
Categoría
Exposición.
Cando
Outubro de 2013 ata Xaneiro de 2014.
Onde
CMUS (Santiago de Compostela).
Por que
Xaime Cortizo foi o fotográfo oficial de OndehaiMúsica dende o comezo do proxecto. Gracias a el inmortalizáronse momentos únicos. Estas imaxes, sumadas a outras realizadas polo propio autor en ambientes musicais (orquestras, bandas, compositores, luthiers) crearon un corpus ilustrado que se expuso no CMUS durante varios meses.
Realización/ posta en marcha
Organización dos actos de inauguración e clausura, apoio na selección de fotografías e soportes, xestión dos permisos para expoñer no centro educativo.
Nos medios de comunicación
Web