O MonterroSón

Festival de música para vacas

O MonterroSón é un festival de música que tivo lugar nunha granxa de vacas, a Granxa Maruxa de Cumbraos, sita nunha aldea a tres kilómetros de Monterroso, o 27 de Xuño de 2015.

Comezando na hora do vermú, contouse con concertos de diferentes estilos musicais (dende música clásica ata pop, jazz e folk) onde participaron mais de 20 músicos. Ó mediodía fíxose un xantar campestre na propia carballeira da granxa no que cada quen trouxo o que mais lle apeteceu (mantel de cadros incluído) ou mercou alí a bebida e a comida. Contouse cunha barra de bebida e comida. No medio dos concertos da tarde realizouse un sorteo dun paquete de produtos galegos moi especiais, nos que non faltaron unhas poucas maruxas de nata.


Categoría

Festival.

Cando

27 de Xuño de 2015.

Onde

Granxa Maruxa (Cumbraos, Monterroso)

Por que

A idea de facer un festival “para vacas” naceu cando ONdehaiMúsica soubo que as vacas da Granxa Maruxa eran melómanas. Resulta que escoitaban música clásica a través duns altofalantes nas cortes. Porque non darlles un concerto en directo?
Realización/ posta en marcha: deseño da estrutura e programa do festival, xestión de orzamento e fontes financeiras, procura e xestión de artistas invitados, co-deseño do logotipo, realización de camisetas corporativas, xestión de voluntarios.

Nos medios de comunicación

Vídeos