ONdehaiMúsica

Iniciativa de divulgación musical

ONdehaiMúsica é un proxecto divulgativo da Fundación Galicia Sustentable (FGS) que trata de achegar os múltiples mundos, historias e realidades que, nas máis das veces, quedan ocultos detrás do formalismo e rigor de institucións e espazos que tradicionalmente veñen sendo custodios deste tesouro universal.
A música acompáñanos todos os días, polo que un dos piares da iniciativa é apostar firmemente en achegarnos a ela dun xeito aperturista e divulgativo, atopándonos con múltiples emocións e sensacións, e rompendo os prexuízos de que toda a música é o mesmo.


Categoría

Divulgación.

Cando

Outubro 2012 – marzo 2016.

Onde

Galicia

Por que

En varias conversas coa Fundación Galicia Sustentable (FGS) detectouse unha separación entre a música clásica e o público xeral. Baixo o amparo da FGS e colaborando con profesionais como Marcos Perez Gulín, Carlos García Amigo e Xaime Cortizo, decidimos que era necesario crear un proxecto para achegar a música á xente, especialmente a música clásica.

Realización/ posta en marcha

Desenvolvemento da idea do proxecto e execución do mesmo. Entre as actividades realizadas destacar a procura de documentación e iniciativas inspiradoras para o desenvolvemento do marco teórico; así como o deseño de actividades acordes á filosofía do proxecto e realización das mesmas.

Web

Visita a páxina web.