
Preconcerto cun xoven compositor
Un coloquio diferente
Preconcerto cun xoven compositor é un formato de conferencia participativa e nun ambiente distendido antes dunha interpretación musical.
O luns 31 de marzo de 2014 tivo lugar unha conversa co músico e compositor Iago Hermo na cafetería Babel (Santiago de Compostela) antes dun concerto das súas obras.
Nesta ocasión, o propio compositor e intérprete, Iago Hermo, explicou nunha animada charla as súas obras e súa forma de compoñelas. Iago permitú achegarnos á música experimental e bucear na súa creación dun xeito diferente e ameno. Posteriormente, ofreceu un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago da Facultade de Xeografía e Historia.
Categoría
Divulgación
Cando
31 de marzo de 2014
Onde
Cafetería Babel (Santiago de Compostela)
Por que
Na liña das actividades de ONdehaiMúsica quixemos achegar a música experimental á xente de forma normalizada. Nun bar, tomando un café. Creamos e experimentamos un formato con grande éxito, especialmente polos artistas, quenes se sentiron moi preto da súa audiencia.
Realización/ posta en marcha
Creación do formato, contacto e xestión de artistas, suporte financeiro, comunicación a prensa, xestión do local.