LUCÍA SANTIAGO DÍAZ
Son unha profesional multidisciplinar que desenvolve a súa actividade en diferentes sectores, algúns mais sociais (como as Industrias Culturais) e outros mais científicos (como Innovación, ciencia e tecnoloxía). Tras traballar como consultora no desenvolvemento de proxectos para diversas entidades e institucións a nivel nacional e internacional, decido emprender o meu propio proxecto especializado na organización de ideas e persoas. Utilizando a miña experiencia e coñecemento na área, traballo na xeración de proxectos únicos con unha personalidade propia.
Son nativa en galego e castelán, teño un alto nivel de inglés, falo francés de xeito fluído e teño coñecementos de portugués.