Principais subvencións para festivais de música en Galicia
Se organizas un festival de música en Galicia e estás buscando financiación, unha posible opción é pedir una subvención. Refírome concretamente as subvencións que algúns organismos públicos de Galicia convocan para apoiar a organización de festivais de música. Pero, que organismos subvencionan festivais de música en Galicia? e que tipo de axudas dan?
TIPOS DE AXUDAS
Os entes públicos poden apoiar a organización de festivais de diferentes xeitos.
Hai que distinguir dous tipos de axudas: de adxudicación directa ou de concorrencia competitiva.
A adxudicación directa consiste en negociar directamente co organismo para que apoie o festival, por exemplo co concello do lugar onde se vai celebrar o evento. Estas axudas tamén poden ser en especie (ex. a carpa, o grupo electróxeno).
A concorrencia competitiva quere dicir que o organismo anuncia (publica na web e nos diarios oficiais) que vai apoiar festivais. Ao sabelo, varias organizacións preséntanse é cé compiten para ver quen consegue os cartos. Estas “competicións” son as famosas subvencións.
SUBVENCIÓNS PARA FESTIVAIS
Unha subvención é unha axuda económica que outorga unha administración pública a cambio de cumprir determinadas condicións (por exemplo: que o evento sexa gratuíto, que un terzo dos grupos sexan de Galicia, etc.). Normalmente, esta axuda económica concédena antes da realización do evento, pero o pagamento fano despois de que pase o evento. É dicir, hai que adiantar os cartos.
Se queres saber como pedir unha subvención podes consultar o artigo “Como pedir unha subvención para un festival de música en Galicia”.
QUEN SUBVENCIONA FESTIVAIS EN GALICIA?
En Galicia, as principais entidades públicas que apoian económicamente a organización de festivais son:
Ademais, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo ou da Axencia Turismo de Galicia, e determinados concellos convocan subvencións para festivais de música. A continuación vai un mini-resumo de cada unha das subvencións, para que as vaiades vendo e preparando para o ano que ven.
AGADIC
Dende 2012, a Axencia Galega de Industrias Culturais convoca anualmente unha subvención para a organización de festivais de artes escénicas e de música.
Ademais, en 2019 sacou xunto coa Axencia de Turismo de Galicia unha subvención para as programacións culturais realizadas polas localidades onde discorren os diferentes camiños de Santiago.
Subvencións a festivais de artes escénicas e de música
- Data de publicación: 12 de abril de 2019
- Prazo de presentación: Do 13 de abril ao 13 de maio de 2019
- Convocatoria: DOG núm. 72 do 12 de abril de 2019
Subvencións do programa Cultura no Camiño
- Data de publicación: 24 de abril de 2019
- Prazo de presentación: Do 25 de abril ao 24 de maio de 2019
- Convocatoria: DOG núm. 78 do 24 de abril de 2019
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A deputación de Pontevedra convoca axudas para apoiar o desenvolvemento e organización de festivais e certames de artes escénicas e de música na provincia de Pontevedra.
Ademais, a Deputación de Pontevedra conta co programa MUSIGAL, que funciona como unha bolsa de artistas para os concellos.
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra
- Data de publicación: 21 de febreiro de 2019
- Prazo de presentación: Entre o 22 de febreiro e o 15 de marzo de 2019
- Bases (BOPPO 21/02/2019)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 21/02/2019)
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Subvencións a entidades sen fins de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña
- Data de publicación: 16 de xaneiro de 2019
- Prazo de presentación: Entre o 17 de xaneiro e o 15 de febreiro de 2019
- Bases (BOP 08/01/2019ç
- Extracto convocatoria (BOP 16/01/2019)
Como podedes ver, a maioría destas subvencións, convócanse ó longo do primeiro trimestre do ano, é dicir, entre xaneiro e marzo. O prazo para solicitalas soe ser curto (arredor de 30 días) polo que é recomendable prepararse antes, pois a maioría das subvención que aquí indicamos saen cada ano con características moi semellantes.
Se queres que te bote unha man solicitando unha destas subvencións, contacta conmigo!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!